lunes, 27 de enero de 2014

Conto Viaxeiro Transfronteirizo entre Galicia e o Norte de Portugal

Polo Correo do Vento dende a súa experiencia narrativa dirixida ó público infantil,
propón, xunto co POCTEP, a UE, a CTGNP, e a Xunta de Galicia,
 
 a realización dun relato colectivo dos máis cativos
no que se denomina “Conto Viaxeiro Transfronteirizo”.


Carlos Taboada e Enrique Mauricio, Polo Correo do Vento.
O conto tratará de recoller a participación dos nenos e nenas
de diferentes vilas, dez galegas e dez portuguesas,
onde se leve  a cabo, para así conformar entre todos
unha única historia e as moitísimas variantes e bifurcacións
que se poidan recoller.

Queremos traballar nas dúas beiras do río Miño
e da Raia para reducir esta fronteira que as veces nos separa,
mellorando así o coñecemento mutuo entre ámbalas dúas partes
 e poñer en valor o traballo nun proxecto común.


Mans arriba, hai que proponer ideas  para o Conto Viaxeiro Transfronteirizo!
Polo Correo do Vento estima a composición do relato en dous eixos: o da narrativa e o da ilustración.

Os nenos e nenas construirán unha historia e os seus compoñentes, é dicir, crearán personaxes, elaborarán escenarios,  tecerán as tramas, e eles mesmos ilustrarán eses contidos.

Debuxando o Conto Viaxeiro Transfronteirizo
 Enrique Mauricio e Carlos Taboada guiarán en todo momento o proceso creativo neses dous eixos, dividido en tres bloques que corresponden a estrutura clásica de Presentación, Nó e Desenlace.
Tríptico informativo do Conto Viaxeiro Transfronteirizo.
Picade na imaxe para aumentala.

Esta actividade tratara de incentivar a creación literaria e a expresión artística dos nenos e nenas, e o seu resultado vai ser difundido mediante este espazo web.

Polo Correo do Vento
 
Para coñecer algo máis de Polo Correo do Vento
(Enrique Mauricio e Carlos Taboada)
podedes visitar os seguintes enderezos:
e para contactar con nós: polocorreodovento@hotmail.com 
 
nada máis, que comece o Conto Viaxeiro Transfronteirizo!!
 
Polo Correo do Vento, 2014